Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Brión organiza un curso de contabilidade básica práctica e outro de manipulador de alimentos para novembro


O Concello de Brión ofrece un curso de contabilidade básica práctica e outro de manipulador de alimentos dentro do seu programa formativo para o mes de novembro. Dous cursos cuxa inscrición estará aberta ata unha semana antes do seu inicio na Casa da Cultura (981 509 908) ou en voluntariado@briondixital.org, tendo preferencia os veciños e veciñas de Brión.

O curso de contabilidade básica práctica impartirase no centro social polivalente de Brión os martes e xoves entre o 24 de novembro e o 21 de xaneiro, en horario de 20:00 a 22:00 horas. O prezo é de 40 euros e é preciso un mínimo de 15 inscritos para a súa realización.

Polo que atinxe ao curso para a obtención do carné manipulador de alimentos, o seu prezo é de 25 euros e son precisas un mínimo de 12 persoas anotadas para a súa realización. O curso impartirase o venres 13 de novembro, de 16:00 a 19:00 horas, no centro social polivalente de Brión. Este carné é necesario para traballos relacionados coa hostalería, comedores escolares, panaderías, despachos de alimentos…